Lía Cruz – Mala Nécora

Mala Nécora naceu en 2023 da man de Lía Cruz, deseñadora gráfica e fotógrafa. A través deste estudo quérese poñer en valor a cultura galega, os oficios tradicionais e a beleza das pequenas cosusas cotiás, aquelas que falan da nosa terra con honestidade e carácter.
A orixe de Mala Nécora romántase á infancia de Lía Cruz. Cando escoitaba a expresión «mala pécora», confundía a letra p coa n e repetía «mala nécora». Aquela anécdota converteuse nun xogo familiar e, co tempo, nunha parte da súa identidade. Sen pretendelo, aquela expresión inventaba gardaba unha forza especial: combinaba a picardía infantil, unha identidade propia e retranca.
A nécora de Lía representa á perfección o que quere transmitir: unha marca con personalidade, enraizada na memoria e na cultura galega, que mestura humor, creatividade e unha ollada sincera sobre o mundo que a rodea.
